Galicia acumula máis de 25.000 millóns de euros en depósitos a prazo fixo

Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Galicia acumula máis de 25.000 millóns de euros en depósitos a prazo fixo


Etiquetas: aforro, finanzas, banca

Jacobo Rey/AGN.

As turbulencias dos mercados, e a posible competencia entre os distintos países á hora de garantir os depósitos bancarios, pon de actualidade o volume de diñeiro que está en mans das entidades financeiras. Aínda que en Galicia aínda pervive o costume de gardar os aforros 'no colchón', caixas de aforros e bancos concentran boa parte dos recursos monetarios de empresas e particulares. En moitos casos, os aforros de toda unha vida.

Segundo os datos do Banco de España, o sector privado galego (no que se concentran cidadáns e compañías privadas) ten depositado nas entidades financeiras máis de 45.500 millóns de euros, unha cantidade que multiplica por catro o orzamento anual que manexa a Xunta de Galicia, e que no último exercicio roldou os 11.500 millóns de euros.

¿Onde están e como son todos eses depósitos? Máis da metade desta cantidade (25.181 millóns de euros) correspóndense con depósitos a prazo fixo, unha modalidade que foi gañando adeptos á calor da subida dos tipos de interese rexistrada desde finais de 2005. Os clientes obteñen máis rendibilidade, á conta de manter intacto ese diñeiro durante un determinado prazo.

Isto explica o incremento espectacular que vén rexistrando nos depósitos bancarios en Galicia durante os últimos dous anos. Desde 2006, o crecemento acumulado na comunidade achégase ao 28%. E na última década, o importe dos depósitos en Galicia multiplicouse por dous.

Outras formas de aforro
En contraste, os 20.000 millóns de euros restantes atópanse noutras modalidades, como os depósitos vista ou aforro. E máis aló de particulares e empresas, os datos do Banco de España indican tamén que as administracións públicas teñen depositados preto de 2.700 millóns de euros en distintas entidades financeiras da comunidade.

Do mesmo xeito que noutras comunidades, a maioría dos depósitos dos galegos están en mans das caixas de aforro, que concentran máis de 27.000 millóns de euros. As entidades bancarias teñen outros 19.900 millóns, fronte a unha pequena porcentaxe (apenas 358 millóns) depositado nas cooperativas de crédito.

Por provincias
En conxunto, a provincia da Coruña acumula depósitos bancarios por un total de 21.583 millóns de euros, fronte aos 14.196 millóns de Pontevedra; os 6.290 millóns de Lugo; e os 6.138 da provincia de Ourense.

Dos 25.181 millóns de euros que teñen particulares e empresas galegas en depósitos a prazo fixo, a maior parte deles localízanse na provincia da Coruña (10.665 millóns) e Pontevedra (7.327), fronte aos 3.621 millóns da provincia de Ourense e os 3.568 millóns correspondentes á provincia de Lugo.

07/10/2008

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


Nova+ - Sar Comunicacións
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso
|| Suscripción e Información ||