Un xuíz ordena liberar en Estados Unidos a 17 detidos de Guantánamo

Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Unha decisión sen precedentes

Un xuíz ordena liberar en Estados Unidos a 17 detidos de Guantánamo


Etiquetas: dereitos humanos, Guantánamo, Bush, EEUU, Xustiza

Axencias.

Un xuíz federal en Estados Unidos ordenou este martes a liberación de 17 chineses musulmáns detidos desde hai sete anos na base militar de Guantánamo.

O maxistrado Ricardo Urbina determinou que non existen probas de que os membros do grupo étnico uigur estivese formado por "combatentes inimigos" ou que supuxesen un risco para Estados Unidos.

A decisión xudicial supón un duro revés para o presidente estadounidense, George W. Bush, quen anulaba nos seus discursos a potestade dos xuíces federais para ordenar a liberación de detidos de Guantánamo nos Estados Unidos. O grupo de musulmáns chineses esperaba a súa posta en liberdade desde o 2004.

Prohibidas as detencións indefinidas
O Pentágono xa non considera aos 17 uigures "combatentes inimigos". Con todo, permanecían retidos na base naval estadounidense porque EE UU foi incapaz de atopar un país que os acolla.

O Goberno chinés pediu o traspaso da custodia, pero a administración Bush e organizacións a prol dos dereitos humanos temeron que os musulmáns fosen torturados ao ser devoltos ao seu país de orixe.

É a primeira vez que se toma unha decisión destas características. O maxistrado sinalou na súa argumentación que a Constitución estadounidense prohibe detencións indefinidas sen causa nin cargos.

07/10/2008

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Opcións

Fotos


Buscar + información sobre







Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso