Televisión

A TVG di que cancelou a reportaxe sobre as vacas tolas para "evitar o amarillismo"


Etiquetas: televisión, censura, comunicación, CRTVG, Xunta

03/06/2009 - Galiciaé

"Con todos os respectos a Clint Easwood, a súa película podería emitirse noutro momento". Pero se emitiu este martes pola noite, no horario que correspondía a 'Caixa Negra', cun capítulo que repasaría a crise das vacas tolas en Galicia.

As críticas non se fixeron esperar. Fernando García Lesta, un dos veciños de Mesía entrevistado para o programa, acusa de censura "" á nova dirección da TVG por non permitir a emisión o espazo, que contaba cos testemuños de varios veciños de Mesía e dos responsables políticos da Administración de Manuel Fraga.

'Caixa Negra' é un espazo de reportaxes inspirado nun formato de éxito en Euskadi, e que conduce o xornalista Fernando González, 'Gonzo', ex reporteiro de 'Caia Quen Caia'. Segundo conta a propia web da cadea pública, "parte dunha situación que causou un impacto social especial no pasado e que agora se revive, xunto aos seus protagonistas, analizando os feitos co acougo que dá a distancia e coa experiencia e reflexión dos anos transcorridos".


Evitar o amarillismo

Desde a TVG explican, segundo conta O País, que a emisión foi retirada para evitar un "xornalismo amarillista" que transmita a idea dunha Galicia negra, e que a emisión podería ferir sensibilidades no sector gandeiro e agrícola, "moi prexudicado pola crise láctea e a febre porcina". Aínda así, non descartan que o programa poida emitirse no futuro.

O propio presidente do Goberno galego, Aberto Núñez Feijóo dixo que mesmo se interesou por ese asunto e a información que lle trasladaron "foi que algunha organización sindical agraria púxose en contacto para solicitar, ante a situación de dificultade no sector agrario, que determinadas reportaxes sobre as vacas tolas, neste momento, prexudicarían ao sector agrario e o sector cárnico".

"Esa foi a explicación que se me deu", reiterou Feijóo, quen quixo aclarar que se trata dun sector que nestes momentos "non ten problemas hixiénico sanitarios" pero si de prezos e sustento económico". Posteriormente, foi o secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultores (XXAA), Juan Pérez, quen admitiu que fora este sindicato quen trasladara tal inquietude á TVG.

4'0 (9 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.