Cine

O Raio Verde crea 'Cinemadix', un novo circuito de distribución do cine galego


Etiquetas: comunicación, audiovisual, cine

22/06/2009 - AGN

Nun futuro moi próximo, as producións cinematográficas e audiovisuais galegas van ser exhibidas a través dun revolucionario circuito de distribución, que permitirá que sexan visionadas simultaneamente en numerosos puntos da xeografía de Galicia. Este novidoso circuito, denominado 'Cinemadix', está promovido por Carmen Rábade, directora da escola de producción audiovisual O Raio Verde, co apoio da Facultade de Psicoloxía de Santiago.

Baseado nas novas tecnoloxías da comunicación, 'Cinemadix' permitirá proxectar unha película e, a través dun software específico de transmisión do sinal, todas as asociacións participantes no proxecto poderán conectarse e proxectar simultaneamente o film.

Aposta polo cine independiente
Este proxecto é unha aposta decidida pola promoción do cine de guión e independente e ofrece unha proposta de entretemento cinematográfico, en base a un patrón de proxeccións que inclúe programación semanal para adultos de mércores a domingo. Ao finalizar a película os espectadores poden participar dende calquera punto no que seguiron a proxección nun videoforum cos equipos da rodaxe do film. Asemade, están previstas proxeccións para o público infantil durante as fins de semana.

En definitiva, os obxectivos de 'Cinemadix' son distribuir películas galegas e cine independente a través dun novo circuíto alonxado das canles tradicionais e, polo tanto, achegalas a todo tipo de asociacións culturais e locais espalladas polo territorio galego, que ata agora tiñan difícil acceso á oferta cultural de cine feito en Galicia.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



2 comentarios

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#2 Por broadcast 14-07-2009 00:03

Normal

Efectivamente a transmisión de video esta un pouco vista, ainda que concretamente este proxecto en USA chamase NETFLIX e en España e probable que se chame MediaXpress se a idea de Eudald Domenech segue adiante. Esta ben que se fagan cousas, pero que non se atribuan a invención da roda, por favor!!!


#1 Por aladino 25-06-2009 13:44

Normal

iso non existe xa e se chama internet? :D


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>