Conflito
Galicia Bilingüe advirte de que será ''imposible'' separar lingua e política ''mentres non haxa liberdade de elixir''
02/07/2009 - Antonio Soto / Verónica Núñez (AGN)
A presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, sinalou que "será imposible" retirar o debate lingüístico da política "mentres os cidadáns non teñamos liberdade para elixir". Demandou ademais que se aclare canto antes todo o relacionado coa enquisa sobre o uso das linguas no ensino para saber se os pais poden comprar os libros en castelán.
Así o indicou tras manter este xoves en Santiago unha reunión, que cualificou de "crucial", cos portavoces de lingua e educación do Grupo Parlamentario Socialista, Francisco Cerviño e Guillermo Meijón, respectivamente. Lago lamentou que o PSdeG, cun sector "grande da sociedade detrás e que sempre defendeu as liberdades", dixo, estea a facer seguidismo dunha política "tan restritiva de dereitos".
Protexer aos nenos ''da luz pública''
GB transmitiu na reunión aos parlamentarios socialistas as súas formulacións e as razóns que os levan a rexeitar certos "textos" como o Plan de Normalización Lingüística, así como casos concretos de xente "que o está a pasar mal" e que non quere expor aos seus fillos "á luz pública", asegurou, por mor de problemas xerados en torno ao uso do idioma nas aulas.
Argumentou a presidenta de GB que o PSdeG "non vai cambiar da noite para a mañá" e que esta primeira toma de contacto foi "un paso importantísimo" xa que os escoitaron e esperan que a partir de agora os socialistas recapaciten máis xente no PSdeG empece a pensar que "a imposición non é o camiño para conservar unha lingua", indicou.
Lago defendeu que hai sectores que por inercia seguiron sempre as mesmas teses e que se se lles explica o que está a facer Galicia Bilingüe, algúns deles poderían cambiar de opinión. Engadiu respecto diso que outros sectores son inamovibles, e puxo como exemplo a CIG e o BNG.
Sobre as primeiras medidas arbitradas pola Xunta indicou que nalgunhas se vai no bo camiño, como que as galescolas sexan escolas infantís, algo que dixo que é "moi positivo" ou que os profesionais se poidan examinar na súa lingua para acceder a un posto na función pública.
Enquisa e dereito
No ensino indicou que "non sabemos aínda o que vai pesar e recordou que a enquisa realizada non foi, exactamente, o prometido por Alberto Núñez Feijóo, aínda que dixo que é "é algo" e que serviu polo menos para abrir máis o debate e que a xente, en certa medida, poida participar. "O importante é como será a redacción dese decreto", matizou.
Afirmou que a promesa electoral foi moi clara e que os pais elixirían as materias troncais. En función diso, dixo que moita xente emitiu o seu voto e que agora non nos pode traizoar", declarou.
Na súa opinión, o resultado da enquisa non pode ser vinculante, xa que foi de carácter anónimo e que, xa que logo, a consulta o que pode dar é unha idea aproximada de como está a situación. No entanto, sinalou que houbo "tantas interferencias na súa elaboración" que "non sabemos ata que punto pode ser fiable", manifestou.
Referiu igualmente Gloria Lago que o conselleiro de Educación, tal e como lle pediu a asociación, "reterá" os datos obtidos en cada centro, para que se poida comprobar se resulta fácil determinar a libre elección de idioma.
Pediu ademais que os resultados se coñezan canto antes, "para que os pais saiban se poden comprar os libros en castelán oficialmente", aínda que asegurou que moitas familias xa o están facendo, e se os nenos van poder utilizar, mentres non entre en vigor o novo decreto, ''a súa lingua'' oralmente na clase e para facer os exames.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#37 Por Juno 08-07-2009 10:55
Yo, viviendo fuera de Galicia desde hace muuuchos años, hablando gallego fluido (y escribiendolo, pero ahora prefiero que me "entiendan" los de GB), viendo en la lontananza las deprimentes noticias politicas de mi tierra, solo me cabe un pensamiento, achacable también al resto del pais: España es el unico pais del mundo en el que el conocimiento de mas de una lengua (todas maternas) es motivo de ataques, provocacion y analfabestismo funcional. Sigo sin entender estas politicas. Ni uno ni otro. Pero las estadiscas dicen claramente que el gallego esta en franco retroceso. Asi que no me vengan con milongas.
#36 Por bbeatriz 08-07-2009 10:52
Os meus pais por exemplo estes mangantes os enganaron dicindo que recollian firmas para que os nosos fillos estudiaran en galego e castelán, ousexa 50 e 50%, agora arrepintense moito de firmarlles xa que como vemos nos enganaron a TODOS. Son 4 radicais e ademais que estas persoas non naceron nin en Galicia.
#34 Por Ferdinando 08-07-2009 10:39
Hai xa en marcha ata catro plataformas cívicas contra a galegofobia e o racismo lingüístico desta triste parella. Unha xentiña inadaptada á realidade galega que leva tempo destilando garrafón ideolóxico.
Hai xa en marcha catro plataformas cívicas contra o abrazo cómplice do PP a este grupo da falangistas travestidos de supostos bilingüistas. Un PP teledirixido pola extremista FAES desde Madrid é preso destes grupos que queren instaurar o apartheid. Non o ímos consentir.
Frente ao racismo antigalego, rebelión cívica
#33 Por xxxxx 04-07-2009 01:41
nestas ultimas eleccions perdoa pero en votos gañou o bipartito, e logo hai que contar a xente que voto a outros partidos e a toda a xente que non votou así que non digades agora mentiras porque hai que ver as cousas tamén dende outra perspectiva.
A xente que coñezo do PP a maioria di que non votou para que agora o PP ataque de esta maneira un idioma, quite os libros gratuitos etc etc, e lembrar que a metade dos votantes do PP son galego falantes, e vos estades atacando a vos mesmos. Xa vos pasará factura e seguiredes baixando. Galicia Bilingue levou a un bus da Falange Española a sua manifestación, isto non é ilegal? non lles aplican lei de partidos?
#32 Por Reboiras 04-07-2009 00:48
O pobo galego tomou unha sabia decisión nas ultimas eleccions autonomicas : Rexeitou o salvaxismo linguistico.Non se doblegou diante da politica de terror nas aulas.Este noso pobo galego é tremendo : Rexeitou nas urnas o fanatismo.Temos que estar mui orgullosos de como nos erguemos fronte ó fanatismo.
#31 Por anxo2 04-07-2009 00:04
denantesmorta, miña nena, canta razón tés! EU TAMPOUCO VOTEI POR ESTA LONGA NOITE DE PPEDRA! Galicia Bilingüe non sería ninguén se non tivesemos un goberno que lle dá cancha ás súas queixas. Galiza ten unha lingua propia, non precisa concesións de fóra! Gloria, se non che gusta, ancha es Castilla!
#30 Por nosue 03-07-2009 22:51
Cústame comprender como pode ser que no século XXI poida existir unha asociación como Galicia Bilingüe, que busca levantar o odio e destruir unha cultura a base de mentiras.
Como dixo Castelao, para lingua única a dos animais, o ser humano evolucionou e podese permitir ter moitas linguas e culturas.
#29 Por denantesmorta 03-07-2009 22:47
# 28. Moi bo o seu comentario! Estamos a vivir un momento histórico. É a primeira vez que un colectivo minoritario e privado marca a política dun goberno. E é a primeira vez que un goberno toma decisión en contra da lingua do seu país e contra a vontade da maioría do pobo. Quen preguntaba aquilo de 'Empezamos'? 'Empezamos' a que? A botar abaixo o que temos? Eu non votei por esta longa noite de PPedra! :)
#26 Por creador 03-07-2009 15:21
Quedo anonadado que Doña Gloria se queixe, de que a Xunta con cumpre os seus compromisos.¿Que nos queda os demais? ¿mexan por nos e temos que dicir que chove?
Gloria querida, en Galicia también hay gallegos que quieren otro tipo de enseñanza diferente al que tu defiendes, y se tienen que aguantar, pues aún no es el momento de comprar el material escolar para el curso que viene. Paciencia hija, es que tu sobreansiedad supera lo normal.
#25 Por bettivazquez 03-07-2009 14:52
#20. Progre, dirémoslle tamén --desculpe a tardanza, pero o linde de caracteres e o dos tres minutos tamén funcionan para nós :)-- que este xornal está aberto a todos os puntos de vista e opinións, sempre e cando sexan respectuosas --lémbrolle aquí que presisamente a súa non cumpre esta condición--. Máis aínda se proceden de asociación coma esta, que, como ben refire o comentario do usuario Miau, ten un evidente papel destacado neste conflito. Se non quere censura para vostede, non a reclame para os demáis. Reciba outro saúdo :)
#23 Por Miau 03-07-2009 14:39
xurxiño: "Galicia "Bilingue" non é nada, é unha asociación marxinal e radical, así que non se lles debe de prestar atención."
Eu diría que prestarlles atención sí, pero a xusta, nin mais nin menos que a outros centos de asociacións de todo tipo que existen en Galicia, e que non teñen a cobertura mediática diaria que teñen estes señores. Isto xa empeza a cheirar de máis, señores de El Progreso e outros xornais galegos. Córtense un pouco.
¿Pero quén goberna Galicia en materia de política lingüística e educativa, a Xunta ou unha asociación de cidadáns coma outra calquera? ¿Pero qué comedia é esta oh?
#22 Por bettivazquez 03-07-2009 14:35
#20. Progre, non lle 'censuraremos' o comentario para que vostede mesmo reflexione sobre a parvada que acaba de poñer. Convídoo a que repase as novas que sobre este tema --o conflito lingüístico-- se publicaron neste xornal, e a que recapacite sobre o que dixo. Iso por un lado. E polo outro, direille que a persoa que redactou esa nova é tan galega e tan amante da nosa lingua como di selo vostede, ademais de ter máis de 20 anos no mundo do xornalismo ás súas costas, tempo dabondo para acreditarlle esa 'formación' que demanda. Moitas grazas por comentar, e no sucesivo emprázoo a que evite os insultos referidos ao persoal deste xornal. Un saúdo
#21 Por PePe 03-07-2009 14:10
Quen mezclou Lingua con Política, sabemos todos quen foi, contando trolas como que o castelán está en perigo en Galicia, etc; e quen lle fixo caso tamén; todo por un puñado de votos. Só hai que dar un paseo polas rúas de calquera cidade ou vila de Galicia e escoitar un pouco. Non fai falta ser Filólogo para darse conta de que moi poucos rapaces falan galego e que polo tanto o futuro é oscuro.
#20 Por progre 03-07-2009 14:02
Eu convido a todos aqueles lectores deste diario, amantes do galego que se pasen o "Xornal" os do progreso so sacan noticias relacionadas con GB, ¿porque? ....tal vez política sucia e rastrera e redactores foráneos sen formación.....veña a censurar este comentario¡¡¡¡¡







