Historia
A Asociación pola Memoria busca en León os restos do ex alcalde do Barco fusilado en 1940
03/07/2009 - EFE
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) inicia este sábado a procura e posterior exhumación dunha fosa situada preto de Sigüeya (León), onde poderían acharse os restos de quen fora tenente alcalde ata 1936 do municipio ourensán do Barco de Valdeorras, Manuel Blanco, asasinado en 1940 con 39 anos.
Manuel Blanco Pascual, ademais de fotógrafo, formaba parte da corporación municipal daquela localidade como tenente de alcalde ata xullo de 1936, cando escapou do lugar ante a entrada na vila dos militares. Na súa faceta como político, Blanco Pascual colaborou na creación da Fronte Popular como membro do Partido Comunista, e na de fotógrafo foi autor dunha colección importante de imaxes do Barco dos anos 20 e 30 do século XX.
De Ourense, Blanco fuxiu a La Cabrera, posteriormente, ata 1937, a Asturias e máis tarde regresou a esta comarca leonesa, provincia na que foi asasinado en 1940.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.





